Na quinta-feira 8 de Outubro 2015. Ourense
“As veias abertas de América Latina”
Sinopse: É un espectáculo baseado na obra do polifacético escritor, xornalista e pensador uruguaio Eduardo Galeano, autor de “As veas abertas de América Latina”. No escenario móvense personaxes, reais e ficticias, destes contos contados e cantados, onde se cruzan as pequenas historias dos homes e das mulleres comúns coa grande historia dos pobos e das nacións. Trátase dunha creación teatral onde mil e unha historias son interpretadas por unha actriz e dous actores transformados en Sherezade que nos contan e falan doutros mundos, de persoas e xentes que non tiveron voz e coas súas memorias secuestradas polos libros de historia oficial.
A compañía: Os escritores das Américas forman parte do repertorio teatral de Teatro Art’Imagem desde que en 1984 a compañía levou por primeira vez á escena ao autor arxentino Osvaldo Dragún, seguido de Pablo Neruda e Luís Sepúlveda. Dos americanos do Norte, subiron ao escenario David Mamet, Paul Auster e John Steinbeck. Por primeira vez en Portugal sobe ao escenario un espectáculo baseado na obra de Eduardo Galeano, sendo o 101 espectáculo de Teatro Art’Imagem, do Porto, en colaboración coa Casa de América Latina de Lisboa. Dende 1994 organiza o Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia e dende o 2009, a Mostra Anual de Dramaturxia.
Web:
teatroartimagem.
Sem comentários:
Enviar um comentário